logo

Facendo compost


QUE PODEMOS COMPOSTAR?


QUE PODEMOS COMPOSTAR?

Debemos comezar dicindo que a práctica totalidade da materia orgánica pode ser degradada e, polo tanto, compostable. Nembargante, para evitar problemas de cheiros que algúns tipos de materiais poden producir, convén evitar botalos ao composteiro se o temos instalado nunha zona próxima á vivenda ou a un espazo de uso habitual ou de tránsito.

Se temos interese en obter un bo abono, tamén é importante buscar o maior equilibro posible entre as achegas de materia húmida e seca:

- Materia húmida:  abondosos en auga, soen ser ricos en nitróxeno (restos de froitas e verduras, céspede recén cortado e podas verdes, etc.).

- Materia seca, con pouca auga, cun aporte en carbono máis significativo. Pólas, palla, follas secas, céspede murchado, cartón, papel de xornais, etc.)

A continuación citamos, agrupados en listas respectivas, os tipos de materiais recomendables ou a evitar no noso composteiro.

Lista branca*
Lista gris **
Lista vermella


- Restos de sega do céspede.
- Restos de rozas de sebes, muros vexetais ou camiños (pouco leñosas).
- Esterco de pequenos animais da corte, ovellas e cabras.
- Anacos de froitas e verduras.
- Palla vella.
- Bolsas de té e poses de café.
- Estercos palluzos (cabalos, burros e vacas).
- Flores vellas e prantas de macetas.
- Cinza de madeira (espoldrexar en cantidades pequenas).
- Cartóns de embalaxes ou papel de xornal.
- Panos de mesa ou hixiénicos de papel usados, bandexas de cartón, papel parafinado de uso alimentario, bolsas e envases de papel.
- Follas de outono.
- Desbroces e rozas de prantas leñosas.
- Restos de podas de árbores e arbustos.
- Serraduras (de madeira non tratada).
- Cáscaras de froitos secos e ovos.
- Pelos,  plumas ou leitos de animais domésticos.
- Ósos de froitos (melocotón, aguacate, olivas...).


- Carne e pescado (cubrir con materia seca).
- Produtos derivados da leite.
- Aceites ou graxas.


- Cinza de carbón e de coque.
- Deposicións de cans e gatos.
- Cueiros desbotables.
- Revistas ilustradas.
- Restos de aspiradora.
- Filtros de cigarros.
- Tecidos sintéticos.
- Materiais non orgánicos (plásticos, vidros, metais, gomas…).


Lista branca*: Os materiais aquí relacionados son perfectamente asumibles polo proceso de compostaxe e recomendados para este tratamento coas limitacións, no seu caso, xa descritas noutros apartados.  Están ordenados en bloques de maior a menor rapidez na súa degradación no composteiro.

Lista gris**: A evitar incorporar material desta lista, ou de facelo en pequenas cantidades, o máis triturado posible e mesturado con outros.

Lista vermella***: Evitar botar ningún material deste listado.


arriba>>

 

organizadores_promotores http://marinasbetanzos.org/ http://www.xunta.es