logo

Como participar


Este é un proxecto piloto e polo tanto ten unha finalidade básica de ensaio. Baixo este punto de vista establécense dous niveis de participación: unha modalidade de apoio completo (A), restrinxida a 50 unidades familiares cun perfil determinado, e unha modalidade de apoio en asesoramento (B), aberta á participación de calquera unidade familiar que estea dentro do ámbito xeográfico do proxecto e que desexe participar. Con esta modalidade pretendemos estender os beneficios do proxecto a outras familias aínda que non se dispoñen dos medios económicos para darlle o apoio completo.


 
TIPOLOXÍA A. APOIO COMPLETO
TIPOLOXÍA B. APOIO EN ASESORAMENTO


TIPO DE APOIO


- As unidades familiares participantes recibirán gratuitamente un composteiro (en depósito, unha vez finalice o proxecto poderían quedar con el).

- Curso formativo (1 hora de duración) que se desenvolverá no seu propio concello.

- Recibirán entre 2 e 3 visitas concertadas e personalizadas de membros do equipo técnico do proxecto ao seu domicilio para axudar á posta en marcha e mantemento do composteiro e respostar as dúbidas que os usuarios poidan ter.

- Ademais da visitas disporán dun teléfono no que poidan consultar, en horario de mañá, as dúbidas que teñan respecto á xestión do composteiro.


- Pode asistir ao curso formativo que se desenvolverá no seu concello (prazas limitadas).

- Disporán dun teléfono no que poidan consultar, en horario de mañá, as dúbidas que teñan respecto á xestión do composteiro.

- Terán dispoñible un breve manual con instrucións claras e sinxelas sobre os contidos do curso para axudalos a desenvolver o proceso.

- Lamentablemente nesta categoría de participación o proxecto non poderá facilitar nin o material (composteiro) nin as visitas persoalizadas.



REQUISITIOS E CRITERIOS DE SELECCIÓN DOS PARTICIPANTES

- Os concellos serán os responsables de fixar datas e prazos, e da divulgación do proceso de selección dentro do seu termo municipal.

- O concello será quen seleccione os participantes tomando como orientación os seguintes criterios xerais:

  • É imprescindible que os participantes dispoñan de xardín ou horta, propia ou compartida.
  • Os núcleos familiares participantes deberán encaixar nalgún dos 3 perfís dos proxecto (familias con xardín, familias con horta, urbanizacións con zona verde comunitaria).
  • Os núcleos familiares seleccionados preferentemente estarán dentro da mesma parroquia ou próximos os uns dos outros.
  • Terán preferencia os núcleos familiares de maior tamaño.


Non hai limitacións nesta modalidade. Calquera núcleo familiar do territorio poderá participar sen restricións, polo que non hai selección e todos os que o desexen poden ter acollida dentro do proxecto.



OBRIGAS DOS PARTICIPANTES


- Asistir a formación polo menos por parte dun membro da unidade familiar.

- Comprometerse a seguir as instrucións do manual e do equipo técnico do proxecto

- Estar presente durante as visitas de seguimento.


Non hai obrigas para os participantes nesta categoría.


COMO E A QUEN FACER A SOLICITUDE

A tramitación da súa solicitude de inscrición debe facela no seu Concello (Ver tríptico) ou empregando o seguinte formulario de solicitude e enviándoo a: info@marinasbetanzos.org


Para esta modalidade de participación non é preciso darse de alta, podendo demandar en calquera momento os servizos de asesoramento que precise.

 

 

 

organizadores_promotores http://marinasbetanzos.org/ http://www.xunta.es