logo

Facendo compost


COMO FACER COMPOST?


COMO FACER COMPOST?

Hai moitos xeitos de facer o compost, que van dende acumular o restos nunha simple pía. sen máis tratamento ou manipulación, a complexos procesos industriais moi mecanizados ou con manipulación fisicoquímica. Mais a nivel doméstico o máis recomendable, e no que se centra o presente proxecto e consellos, é empregando un composteiro.

O composteiro

É simplemente un recipiente, un colector da materia orgánica que se quere compostar e que está deseñado en liñas xerais para favorecer o intercambio biolóxico co entorno, permitir a suficiente aireación e evitar a pérda de temperatura, condicións todas importantes para que o proceso de desenvolva adecuada e rapidamente.

Hai moitas tipoloxías, principalmente en función do deseño dos sistemas de aireación e do volume de materia orgánica que imos tratar. Podemos escoller entre os moitos modelos dispoñibles hoxe en día no mercado ou ben construir nos mesmos o noso propio composteiro.


Localización do composteiro

Para que o proceso de compostaxe funcione adecuadamente debemos de escoller ben onde colocalo.


composteiro

Debe estar sempre no exterior, en contacto directo coa terra, de xeito que se facilite o intercambio de microorganismos, insectos e vermes. Deste xeito debemos evitar instalalo sobre unha terraza de cemento, baldosa ou outra superficie  artificial.

Debemos evitar variacións bruscas de temperatura e humidade polo que é convinte situalo nunha zona sombreada. A situación óptima será baixo unha árbore de folla caduca pois lle dará sombra no verán pero deixará recibir os raios de sol no inverno.


Primeiros pasos

Unha vez instalado o composteiro empezamos o proceso de compostación. O momento inicial é moi importante e é preciso seguir unha serie de pasos para comezar con bo pé.

Primeiro de todo temos que preparar unha cama de restos leñosos duns 15 cm formados por pequenas polas ou restos de podas. Esta base é de capital importancia pois garantirá a entrada de aire, fundamental para unha boa compostaxe.

O seguinte será facer a primeira carga, que debe ser suficiente para que o proceso arranque dun xeito adecuado, de xeito que debemos de tentar conseguir polo menos un 50 centímetros de materiais secos e húmidos xa mesturados ou ben por capas.


Mantemento

As incorporacións de material poden facerse en función das nosas necesidades de eliminación de restos orgánicos, pero na medida do posible e aínda que non é imprescindible, debemos tentar incorporar o material en capas duns 10 centímetros e máis ou menos alternas de material húmido e de material seco.

O proceso de compostaxe reduce moito o volume da materia que incorporamos, de xeito que podemos ir incorporando materia orgánica de xeito continuo mentres o proceso está activo dado que o espazo que ocupa esa materia irá minguando e deixando lugar para novas incorporacións.

Ver o apartado Que podemos compostar para coñecer con máis detalle dos materiais máis adecuados para compostar.


Obtendo compost

Cando o composteiro xa esté bastante cheo, ou cando polo menos xa transcorreran uns 5 meses dende a súa posta en marcha, podería ser xa o momento no que podemos ir sacando compost elaborado e que estará na parte inferior do composteiro.

Para saber se temos compost maduro debemos comprobar si ten unha cor marrón escuro, case negro, si é homoxéneo e, sobre todo, se o cheiro e o aspecto son semellantes ao da terra vexetal.

Para retirar a produción podemos abrir algunha das portas ou módulos do composteiro ou ben levantalo dende un lateral e axudados dunha pa ou angazo ir extraendo o material.

Unha vez extraído o material debemos peneiralo ou cribalo para eliminar os materiais que puideran quedar sen compostar completamente, que normalmente soen ser restos de polas grosas, e que poden volver a incorporarse á parte superior do composteiro para que finalicen o proceso e pois ademais tamén fan a función dun acelerante.




compost

É posible que no proceso de criba aparezan elementos inorgánicos (tapóns, restos de envases, etc.) que puideran entrar accidentalmente ou por erro na incorporación da materia orgánica ao composteiro e que agora deben botarse ao colector adecuado do sistema de recollida municipal de residuos.

E moi recomendable, unha vez cribado, deixar repousar o compost durante un mes á sombra e protexido da chuvia antes de aplicalo como abono de calquera cultivo. Con este procedemento estaremos evitando que quede libre de pequenos invertebrados.


Algúns consellos prácticos...


  • De cando en vez podemos esparexer acelerante no interior do composteiro, que consiste basicamente nunha colección de microorganismos descompoñedores e nutrintes, e que podemos atopar en establecementos comerciais, pero que tamén podemos conseguir engadindo compost maduro ou mediante pequenos aportes de esterco, purín ou feixes de ortigas.

  • Cada vez que incorporemos unha cantidade significativa de materia húmida é aconsellable cubrila con algo de material seco,  para evitar así a proliferación de insectos que pode resultar algo molesta principalmente no verán.

  • Cando retiremos compost fresco levantando parcial ou totalmente o composteiro é un bo momento para aproveitar para facer operacións de volteo da materia orgánica para favorecer a aireación.


arriba>>


 

organizadores_promotores http://marinasbetanzos.org/ http://www.xunta.es