logo

Facendo compost


QUE PRECISAMOS PARA FACER COMPOST?


QUE PRECISAMOS PARA FACER COMPOST?

Nesta sección podes atopar os elementos que é recomendable que teñas á túa disposición para facer compost no teu terreo.


Composteiro
: Xa dixemos noutro apartado que podemos facer compost simplemente amontonando nunha pila, mais para desenvolver e controlar mellor o proceso é convinte empregar un composteiro.

O composteiro pode ser contruido dun xeito sinxelo e empregando materiais sinxelos, ou ben mercar algún dos numerosos modelos disponibles no mercado en establecementos especializados en xardinería.


Acelerantes: Son produtos que contribúen a acelerar o proceso de compostaxe ao engadir microorganismos especializados na degradación da materia orgánica e/ou que achegan sustancias que aceleran o crecemento destes microorganismos.

Poden adquirise no mercado ou ben empregar produtos naturais con esa función (pequenas achegas de esterco ou purín, preparados a base de ortigas, etc.). Non son imprescindibles pero aumentan significativamente o rendemento do proceso polo que son recomendables se temos moita materia orgánica que procesar.


Ferramentas:

- Ferramentas de corta. Se temos que engadir pólas, restos de poda ou outro material leñoso groso é preciso cortalo en fragmentos o máis miúdos posibles para favorecer a acción dos micoorganismos descompoñedores. Podemos empregar para esta función tesoiras de podar para as pólas de menor calibre e mesmo axudarnos dun pequeno machado para tallar as de maior grosor. No mercado existen tamén trituradores que son moi efectivos que converten este tipo de restos nunha materia fina e homoxénea óptima para os nosos propósitos.

tixeiras triturador

- Remexedores. Precisaremos algunha ferramenta para mesturar periodicamente o contido do composteiro para mellorar a aireación, razón pola que precisaremos dunha ferramenta que faga esas funcións. No mercado existen algunhas sinxelas, específicas para esa tarefa, aínda que é perfectamente válida o uso dunha forquilla ou unha ferramenta semellante.

forquilla remexedor

- Criba. Recomendable con tamaño de poro de entre 1 e 3 cm. Unha vez retiremos o compost fresco da base do composteiro debemos de peneiralo pasando o produto por unha malla ou criba. É unha operación moi sinxela é rápida que nos permitirá obter un compost cun granulado homexéneo e adecuado para seu uso na horta ou xardín. O material sobrante, que non pasou a criba, pode ser reincorporado ao composteiro pola súa parte superior facendo ás veces de acelerante do proceso. Ademáis da criba, esta operación de peneirado podémola facer directamente coas máns ou ben axudados dunha pa e dun hangazo.


- Termómetro. Aínda que non é imprescindible, controlar a temperatura pode darnos información de si o proceso biolóxico vai a bo ritmo ou si se está a ralentizar, o que nos pode axudar a tomar decisións sobre si debemos de introducir un acelerante, aumentar a humidade ou mellorar a aireación. Existen no mercado uns termómetros sinxelos e específicos para esta tarefa, cunha sonda de tipo lanza para introducir no interior do composteiro, que nos poden axudar neste aspecto.

termometro


arriba>>

 

organizadores_promotores http://marinasbetanzos.org/ http://www.xunta.es