Ligazóns
Nesta sección poderás atopar referencias de entidades, redes ou proxectos que están relacionados coa compostaxe ou con outros aspectos ligados á xestión do lixo, de xeito que poidas investigar ou ampliar información sobre os aspectos que consideres máis interesantes.
ADEGA-Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza: Programa de compostaxe caseira
Asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a calidade de vida do ser humano. Avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentable e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrución ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países
Idioma:AERESS- Asociación Española de Recuperadores de Economía Social y Solidaria
Asociación sen ánimo de lucro constituída como a plataforma, a nivel estatal, de entidades que se dedican á redución, reutilización e reciclaxe de residuos cun obxectivo de transformación social e de promoción da inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social. Busca a consecución dun modelo de economía ecolóxica baseado na utilización de tecnoloxías limpas que non atenten contra o medio e/ou a saúde humana..
Idioma:Amigos da Terra
Asociación ecoloxista que comeza a súa andaina en Galicia en 1997. As actividades que promove xiran en torno a dous eixos fundamentais: un reivindicativo e de activismo e outro de sensibilización e educación ambiental. Un dos seus principais obxectivos é continuar cun novo proxecto de fomento e implicación na defensa do medio ambiente a nivel persoal, local e global.
Idioma:ATEGRUS-Asociación Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medio Ambiente
Asociación española que abarca todos os sistemas de xestión de residuos, aseo urbano e medio ambiente. Reúne aos concellos, empresas e técnicos do sector co fin de compartir as súas experiencias e intercambiar criterios. Os membros de ATEGRUS, entre outras vantaxes, poden participar en Grupos de Traballo estatais e internacionais, así como acceder a servizos de información e a bolsas de traballo de expertos.
Idioma:Composta en Red. Red Estatal de Entidades Locales por el Compostaje Doméstico y Comunitario
Coordinadora de Entidades Locais de todo o Estado que desenvolven experiencias de compostaxe doméstica e comunitaria. A Rede formouse para dar impulso, fomentar e promover políticas públicas a favor deste tipo de experiencias, debido ao importante papel que estas poden desempeñar na redución dos residuos orgánicos.
Idioma:Ecoembes-Ecoembalajes España, SA
Sociedade sen ánimo de lucro cuxo obxecto social é o deseño e organización dun Sistema Integrado de Xestión (SIX), encamiñado á recollida selectiva e recuperación de residuos de envases para o seu posterior tratamento, reciclado e valorización. Os seus socios son empresas e asociacións de empresas que integran todos os sectores que participan na xestión de envases, desde fabricantes e envasadores a distribuidores, fabricantes de materias primas e recicladotes.
Idioma:Rede que favorece a colaboración entre os seus membros, promovendo prácticas sustentables de compostaxe, dixestión anaerobia e outros procedementos de tratamento dos residuos orgánicos a través de Europa.
Idioma:Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino: Calidad y Evaluación Ambiental: Residuos
En 2008, este Ministerio asumiu as competencias dos antigos Ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Medio Ambiente, máis a competencia en materia de protección do mar. Correspóndelle, polo tanto, a proposta e execución da política de Goberno en materia de loita contra o cambio climático, protección do patrimonio natural, da biodiversidade e do mar, desenvolvemento rural, auga, recursos agrícolas, gandeiros e pesqueiros, e alimentación.
Idioma:Iniciativa que integra as actividades desenvolvidas en España por Universidades, Centros Tecnolóxicos e Empresas en relación coa xestión sustentable de residuos orgánicos. Neste senso contémplase unha temática ampla que vai desde o estudo e manexo dos residuos orgánicos e o seu tratamento biolóxico ata os impactos ambientais derivados dos procesos de xestión.
Idioma:RREUSE-Reuse and Recycling European Social Enterprises
Organización europea que aglutina empresas sociais con actividades na reutilización, reparación e reciclaxe. Os socios membros son redes de economía social nacional e rexional que combinan obxectivos en ambos os dous eidos. Os socios comparten valores comúns como a protección ambiental, o servizo á comunidade, a loita contra a pobreza e a inserción social de persoas desfavorecidas.
Idioma:SOGAMA-Sociedade Galega de Medio Ambiente: Xestión de Residuos
Empresa pública autonómica concebida como un instrumento operativo ao servizo da política ambiental de Galicia e ao servizo do Goberno da Xunta en xeral. A prioridade de SOGAMA é a xestión e tratamento dos residuos urbanos producidos no territorio galego. O seu obxectivo principal é contribuír ao desenvolvemento racional e duradeiro mediante a integración, harmoniosa e equilibrada, do crecemento económico, a protección ambiental e o progreso social.
Idioma:Blog de Amigos da Terra que busca achegar a actualidade, en materia de medio ambiente, a todas e todos dunha forma entretida, contando coa participación do público. Preséntase como un espazo aberto onde calquera poida compartir a súa visión do medio ambiente, os residuos, a súa redución e a súa reciclaxe, coñecendo a realidade.
Idioma: