logo

Novas

E xa temos compost nalgúns domicilios...

Nas diferentes visitas de seguimento que se están a realizar entre os participantes do programa, estamos a descubrir os primeiros composteiros xa con compost na súa parte inferior. Xusto a tempo para as hortas deste verán..... Ver fotos


Instalación dos composteiros

O vindeiro venres remata a instalación dos composteiros nos fogares das familias participantes no proxecto. Ver fotos

Cursos formativos

Rematan os cursos formativos dirixidos ás familias participantes. Ver fotos

16/02/2011

Comezan os cursos formativos sobre compostaxe dirixidos ás familias participantes no proxecto
A duración dos obradoiros é de 1 hora e as datas previstas son:

Data
Concello
Lugar

16 de febreiro ás 20 h.

Irixoa

Centro social de Mántaras

22 de febreiro ás 20 h.

Paderne
Casa Consistorial

22 de febreiro ás 18 h.

Coirós

Centro Social

23 de febreiro ás 19 h.

Miño

Centro social da Rúa

28 de febreiro ás 19 h.

Oza dos Ríos

Casa Consistorial

 

04/02/2011

Remata a presentación do proxecto aos veciños
Xa están rematadas as presentacións aos veciños, pero o prazo de inscrición continúa aberto ata o sábado 12 de febreiro de 2011.
Ver fotos


25/01/2011

Presentación pública do proxecto
Casa consistorial de Paderne. Ao acto asistiron representantes de todos os concellos e da ADR Mariñas-Betanzos, representada polo seu presidente José Antonio Santiso Miramontes, alcalde de Abegondo, e Jorge Blanco, xerente da asociación. Ver fotos

Presentación do proxecto aos veciños
As datas de presentación do proxecto aos veciños dos concellos participantes son:

Data
Concello
Lugar

25 xaneiro ás 20 h.

Miño

Local Social da Rúa


27 xaneiro ás 20 h.


Paderne

Casa consistorial

1 febreiro ás 19 h.

Coirós

Salón do Centro Social

2 febreiro ás 12 h.

Oza dos Ríos

Casa consistorial

3 febreiro ás 20 h.

Irixoa

Local social de Mántaras

 

20/11/2010

Información do proxecto a través dos medios de comunicación.
As declaracions do Presidente da Asociación para o Desenvolvemento Rural de Mariñas – Betanzos, o Sr. José Antonio Santiso Miramontes, fronte aos medios de comunicación serviron para informar aos veciños da área de intervención do proxecto da posta en marcha do mesmo.

 

12/11/2010

A Xunta de Galicia ven de informar da concesión dunha axuda para a realización do proxecto. A Xunta de Galicia, a través da súa Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ven de conceder unha axuda á nosa entidade que garante a posta en marcha e o desenvolvemento do presente proxecto. Nos próximos días subiremos a esta páxina novos contidos sobre o proxecto e como participar nel.

 

30/10/2010

Posta en marcha da web do proxecto. A Asociación para o Desenvolvemento Rural de Mariñas – Betanzos dalles a benvida á web do proxecto na que nos próximos días iremos engadindo novos contidos e novas do mesmo co que pretendemos impulsar esta iniciativa que persegue reducir a xeración de lixo doméstico e contribuir ao desenvolvemento sostible no territorio.

 

organizadores_promotores http://marinasbetanzos.org/ http://www.xunta.es